Publicado no Diario Oficial de Galicia do 1 de xullo
Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Descargar PDF Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2011, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se lle dá publicidade aos criterios de repartición do fondo de acción social do ano 2011 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.
Esta dirección xeral acorda darlle publicidade aos criterios de repartición do fondo de acción social do ano 2011 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia, os cales figuran no anexo desta resolución.
Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2011.
Juan José Martín Álvarez
Director xeral de Xustiza
Director xeral de Xustiza
ANEXO
Convocatoria de acción social 2011
En aplicación do orzamento da Xunta de Galicia para o ano 2011, destínase na partida orzamentaria 05 02 131B 162.04 a cantidade de 220.984,00 euros para as axudas do fondo de acción social para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia, segundo a seguinte repartición:
Programa Contía
I Axuda fillos e estudos fillos 74,95% 165.628,00 €
II Axuda estudos funcionarios 18,32% 40.484,00 €
III Axuda discapacidades 4,20% 9.281,00 €
IV Outras axudas 2,53% 5.591,00 €
Total 100,00% 220.984,00 €
Condicións xerais.
1. Ámbito persoal.
a) Poderán solicitar as prestacións dos distintos programas os funcionarios titulares e interinos dos seguintes corpos ao servizo da Administración de xustiza:
Médicos forenses, Xestión Procesual e Administrativa, Tramitación Procesual e Administrativa e Auxilio Xudicial.
b) O persoal referido no parágrafo anterior deberá estar en situación de activo ou en excedencia por coidado de fillos na Administración de xustiza e con destino nesta comunidade autónoma na data de inicio do prazo de presentación das solicitudes e reunir os requisitos exixidos para cada programa.
c) Tamén poden solicitar as prestacións dos distintos programas os funcionarios interinos da Administración de xustiza sempre que prestasen servizos nalgún momento nesta comunidade autónoma no período comprendido entre o remate da acción social do ano pasado (31.7.2010) ata a finalización do prazo de presentación de instancias deste ano (31.7.2011).
d) As prestacións desta acción social son incompatibles coas que se poidan conceder por outras administracións.
2. Baremo.
Terase en conta a contía dos salarios medios do persoal comprendido no punto anterior e que se especifica a continuación:
Médicos forenses | 45.000,00 € | |||
Xestión Procesual y Administrativa | 26.890,00 € | |||
Tramitación Procesual e Administrativa | 22.885,00 € | |||
Auxilio Xudicial | 20.310,00 € |
Para o cálculo da axuda do programa I, deberase aplicar a seguinte fórmula:
84.968,38 – salario medio
Coeficiente = – 0,2
17.888,08 + salario medio
3. Convocatoria.
a) O prazo de presentación das solicitudes é o comprendido desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia ata o día 31 de xullo, ambos os dous incluídos.
b) Serán nulas todas as instancias que non se presenten dentro do prazo da convocatoria.
c) O período que comprenden estas axudas será desde o remate da convocatoria anterior (31.7.2010) ata o prazo de finalización de presentación de solicitudes desta.
4. Solicitudes e documentación.
a) Os interesados deberán presentar unha solicitude por cada un dos programas que soliciten.
b) As solicitudes deberán cubrirse obrigatoriamente a través do portal do empregado público de Xustiza.
c) As solicitudes rexistradas no portal deberán imprimirse e conservarse como xustificante da súa presentación telemática.
d) No caso de que o solicitante teña que achegar documentación complementaria, deberá presentar a instancia rexistrada no portal do empregado público de Xustiza xunto coa documentación correspondente nos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dirixidas ao Servizo de Recursos Humanos da Administración de Xustiza da Dirección Xeral de Xustiza, en praza de Europa 5A-4.º, polígono das Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela.
e) Os solicitantes deben xuntar á petición os documentos que se exixen en cada unha das axudas, xustificando os feitos que se aleguen mediante certificación ou copia compulsada.
f) Os documentos especiais exixidos, se é o caso, en cada programa constarán nas condicións específicas.
g) Carecerán de validez os documentos achegados con emendas ou riscadas.
h) A ocultación de datos, a falsidade na documentación achegada ou a omisión da requirida darán lugar á denegación da axuda solicitada ou á perda da concedida, coa devolución, neste último caso, das cantidades indebidamente percibidas, con independencia das responsabilidades ás que houber lugar. En calquera dos casos, non se poderá acceder a ningún tipo de axuda durante o tempo que determine a Comisión de Acción Social atendendo á gravidade dos feitos, cun mínimo de cinco anos e un máximo de dez.
5. Desestimacións e anulacións.
A reunión de todos os requisitos exixidos, tanto de carácter persoal, documental ou formal, permitirán a consideración da solicitude e pasará á fase de baremo para fixar a contía da axuda.
Por contra, a falta dalgún dos anteditos requisitos ou dos documentos que se deberán achegar coa solicitude inicial producirá a desestimación da solicitude.
Os requisitos e condicións familiares e persoais, a non ser que se sinale outra cousa, entenderanse referidos ao día de remate do prazo de presentación da solicitude.
Para comprobar a veracidade dos documentos achegados, a Comisión de Acción Social poderá requirir calquera solicitante para que presente as certificacións que considere oportunas.
As solicitudes sen resolver entenderase que non cumpren os requisitos da convocatoria.
A resolución notificarase mediante a publicación das relacións na forma establecida na base seguinte.
6. Procedemento.
1. Recibidas as solicitudes, procederase ao seu estudo e cualificación pola Comisión de Acción Social que, unha vez ultimada a xestión, formulará proposta de concesión a favor dos que reúnan os requisitos desta resolución.
2. A Comisión de Acción Social publicará as listaxes provisionais e definitivas nas páxinas web:
http://www.xudicial.xunta.es/inicio/index.php
http://cpapx.xunta.es/accion-social
A publicación das listaxes provisionais farase no prazo máximo de 3 meses a partir da data de finalización do prazo de presentación das instancias. Os interesados poderán formular as reclamacións que sexan procedentes no prazo de 15 días naturais. Admítese a vía de fax (981 54 62 22) nos casos en que non se teñan que achegar documentos orixinais ou compulsados. Esgotado este, elevaranse aquelas a definitivas coas modificacións a que houber lugar, e farase efectivo o importe da axuda solicitada.
Disposición derradeira primeira. No programa II a contía non poderá superar, en ningún caso, a contía do gasto xustificado.
Disposición derradeira segunda. As porcentaxes das contías de cada programa son estimativas, a Comisión de Acción Social poderá modificar a súa repartición segundo as necesidades de cada un deles.
Disposición derradeira terceira. Publicarase no DOG a convocatoria e o anuncio do lugar de exposición das listaxes provisionais e definitivas.
Condicións específicas:
Programa I
Axuda fillos e estudos fillos
Obxecto do programa.
A execución do programa abarca a repartición da contía existente entre todos os solicitantes, en proporción aos salarios medios dos distintos corpos.
Beneficiarios.
Os solicitantes deberán reunir os requisitos que se establecen no punto 1 das condicións xerais.
Cando nunha unidade familiar os dous membros sexan funcionarios da Administración de xustiza dos corpos citados, só poderá cubrir a solicitude un membro, e o coeficiente calculado segundo o punto 2 multiplicarase por 1,5, co que se obterá un novo resultado.
Deberán ter ao seu cargo fillos ou tutelados que non teñan 16 anos de idade o día do remate da presentación das solicitudes ou fillos maiores de 16 anos e menores de 25 anos, que non perciban ingresos por rendas de traballo á data de finalización de presentación das solicitudes, e que fixesen no curso 2010-2011 estudos en centros oficiais de ESO (2.º ciclo de Educación Secundaria), BAC, FP1, FP2, estudos medios ou superiores en centros oficiais ou preparación das probas para acceso á selectividade.
No caso de se solicitar axuda para discapacidades por algún dos fillos, este non se terá en conta para os efectos desta axuda.
O coeficiente calculado segundo o punto 2 multiplicarase polo valor resultante do número de fillos comprendido neste programa, e será o seguinte:
1 fillo | 1 | ||
2 fillos | 1,5 | ||
3 fillos | 2 | ||
4 fillos | 2,5 | ||
5 ou máis fillos | 3 |
Documentación.
Ademais do establecido no punto 4 das condicións xerais, cómpre achegar:
a) Se é a primeira vez que solicitan esta axuda ou se produciron cambios na súa situación familiar desde a pasada convocatoria, fotocopia cotexada do libro de familia, ou resolución de tutela ou de acollemento familiar.
b) Para os fillos maiores de 16 anos deberán presentar certificación do centro onde cursaron os estudos referidos anteriormente ou fotocopia compulsada da matrícula.
Contía da axuda.
A contía da axuda calcúlase do seguinte xeito:
a) Ao coeficiente calculado segundo a fórmula do punto 2 das condicións xerais multiplícaselle o valor asignado ao número de fillos do solicitante, que dará un resultado. No caso de que os dous membros da unidade familiar sexan funcionarios da Administración de xustiza, multiplicarase este por 1,5 e obterase un novo resultado.
b) Dividirase a contía destinada a este programa entre a suma dos resultados de todas as solicitudes, o que nos dará un valor.
c) O valor multiplícase por cada un dos resultados e dará o importe da axuda.
PROGRAMA II
Estudos funcionarios
Obxecto do programa.
A execución do programa consiste na repartición da contía existente entre todos os solicitantes aplicando unha porcentaxe de redución a todas as cantidades solicitadas, e non poderá superar esta os 550 €. Se fose así, aplicarase como contía máxima esta.
Para o cálculo da axuda soamente se contabilizarán as materias das que se estea matriculado e se presentase aos exames.
Beneficiarios.
Os solicitantes desta prestación deberán reunir os requisitos establecidos no punto 1 das condicións xerais, e ademais, ter feito estudos relacionados coa carreira profesional como funcionario nos centros oficiais de ensino, ou recoñecidos polo Ministerio de Educación, durante o curso 2010-2011, e acreditar a asistencia a eles, se é o caso.
Documentación.
Ademais dos documentos referidos no punto 4 das condicións xerais, será necesario achegar:
a) Fotocopia da matrícula e do documento de pagamento, que exprese o ingreso do seu importe, ou certificación do centro onde se cursaron os estudos, en que, así mesmo, se faga constar o importe do curso e a cantidade efectivamente pagada polo peticionario.
b) Certificación do centro onde se cursaron os estudos pola que se acredite a asistencia ao curso, ou fotocopia compulsada dos documentos que xustifiquen a presentación aos exames finais ou parciais liberatorios (certificado de estudos, diplomas, cualificacións finais, papeletas de exame, certificacións de asistencia, etc.).
No caso de presentarse a exames na convocatoria de setembro, as certificacións de asistencia poderán achegarse segundo se vaian obtendo, e ata o día 30 de setembro, para a súa unión á solicitude xa presentada.
c) Factura dos libros, expedida conforme a normativa vixente, en que consten os títulos, que deberán corresponder coas materias ou curso do que se estea matriculado, pagaranse soamente aqueles correspondentes ás materias ás cales se presentase aos exames; ata un máximo de 160 €.
Contía da axuda.
A contía da axuda calcúlase do seguinte xeito:
a) Determinación de todas as cantidades xustificadas, cun tope máximo de 550 € naqueles que o superasen.
b) A todas as cantidades xustificadas aplicaráselles a mesma porcentaxe de redución ata que a súa suma coincida ou se aproxime á contía total deste programa.
Programa III
Axuda discapacidades
Obxecto do programa.
A execución do programa abarca a repartición da contía existente neste programa entre todos os solicitantes, tendo en conta os graos de discapacidade.
Beneficiarios.
Os solicitantes destas prestacións deberán reunir as condicións xerais establecidas no punto 1 e, ademais,
So poderá facer a solicitude un membro da unidade familiar no caso de que ambos os dous sexan funcionarios da Administración de xustiza.
Esta axuda é incompatible coa axuda por fillos, para o fillo con discapacidade.
Os solicitantes deberán ter baixo a súa dependencia directa e legal e vivindo ás súas expensas cónxuxe, fillos, tutelados por sentenza xudicial firme ou irmáns con discapacidade física ou psíquica superior ao 33%.
Documentación.
Ademais dos documentos que se expresan no punto 4 das condicións xerais, será necesario achegar:
a) Certificación do organismo competente que acredite a discapacidade do cónxuxe, fillo, tutelado ou irmán do solicitante, así como o seu grao.
b) No caso de que a axuda fose para o cónxuxe ou para un fillo, e sexa a primeira vez que solicitan esta axuda ou se produciron cambios na súa situación familiar desde a pasada convocatoria, o solicitante deberá presentar fotocopia compulsada do libro de familia.
c) Se a axuda fose para un tutelado ou irmán, o solicitante deberá acreditar a súa tutela.
Contía da axuda.
A contía da axuda calcúlase do seguinte xeito tendo en conta o grao de discapacidade:
33% ata 64% | 200 | ||
65% ata 74% | 400 | ||
75% en adiante | 800 |
PROGRAMA IV
Outras axudas: axuda por celiaquía, intolerancia á lactosa e Crohn
Obxecto do programa.
A execución do programa abarca a repartición da contía existente neste programa entre todos os solicitantes, tendo en conta as contías fixas por funcionario.
Beneficiarios.
Poderán ser os funcionarios solicitantes, os fillos ao seu cargo ou tutelados que padezan estas enfermidades.
Os solicitantes destas prestacións deberán reunir as condicións xerais establecidas no punto 1 e, ademais,
Esta axuda é incompatible coa axuda por fillos, para o fillo con celiaquía, intolerancia á lactosa e crohn.
Documentación.
Ademais dos documentos que se expresan no punto 4 das condicións xerais, será necesario achegar:
a) Prescrición facultativa ou certificado médico da necesidade e duración do tratamento, con indicación da persoa que o recibe.
b) No caso de que a axuda fose para un fillo, e sexa a primeira vez que solicitan esta axuda ou se se produciron cambios na súa situación familiar desde a pasada convocatoria, o solicitante deberá presentar fotocopia cotexada do libro de familia.
Contía das axudas.
Establécese unha contía fixa de 200 € por funcionario solicitante ou fillo/s ou tutelado/s ao seu cargo, e de 300 € para o caso de que o cónxuxe do solicitante sexa funcionario da Administración de xustiza.