CCOO solicita a convocatoria urxente da comisión de selección de interinos da Coruña


7 jun 2011


Escrito remitido á Delegación Territorial da Coruña



O Sector da Administración de Xustiza de Galicia de Comisións Obreiras (CC.OO) na provincia da Coruña, con enderezo a efecto de notificacións no edificio da Audiencia Provincial da Coruña, sito na rúa Capitán Juan Varela s/n,

EXPÓN:

Que en data recente se adopta por parte da administración unha decisión que contradice o disposto no artículo 14.3 da orde do 10/02/2009 sobre selección e nomeamento de interinos para cubrir postos de funcionarios dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza de Galicia.

SOLICITA:

1. A convocatoria urxente da Comisión de selección de interinos para que pola administración se proceda a dar explicación do cambio de criterio dentro da bolsa de interinos, dado que o mencionado artigo 14.3 di “Cando se produzca o cesamento dun funcionario interino colocarase ao final da correspondente bolsa agás cando non acumulase 180 días de servizos entre todos os destinos servidos durante os últimos nomeamentos.os servicios prestados refírense a nomeamentos xerados unha mesma bolsa. Entendendo esta organización que deste xeito se está creando un grave perxuízo.

Esta organización está convencida que coa aplicación das normas da orde do 10 de febreiro de 2009, garantizase que a xestión das bolsas se realiza con total transparencia.

A Coruña, 7 de xuño de 2010

Asdo.Estrela Añón Anido.