19-05-2011.- De cara ás eleccións municipais, a Secretaría da Muller de CCOO de Galicia realizou unha análise da presenza das mulleres como cabezas de lista en BNG, EU, PPdeG, e PSdeG. A pesar de que entre estes catro partidos presentan 989 cabezas de lista no noso país, só 190 (o 19,21%) son mulleres.
O BNG é o partido no que máis mulleres lideran listas, 79 en total, que representan o 24,61% nesa formación política. A continuación están o PSdeG-PSOE con 68 (21,25%), o PP con 38 (11,76%) e EU con 5 (20,83%, se ben este partido só presenta 24 candidaturas en toda Galicia).
Documentos relacionados