Opentrad facilita a tradución automática de documentos


8 abr 2011


Publicado en www.codigocero.com

O servizo vía web Opentrad desenvolvido pola compañía galega Imaxin Software, capaz de traducir textos en galego, español, portugués, inglés, francés e catalán de xeito automático, incorpora unha nova funcionalidade moi atractiva, consistente na tradución de documentos en distintos formatos (.DOC, .DOCX, .PPTX, .XLSX, .ODT, .HTML, .XML e .TXT) mantendo o formato e estilo orixinais.
Deste xeito, supérase o atranco do idioma á hora de remitir un documento de texto, unha folla de cálculo ou unha presentación de PowerPoint a unha persoa que non fale a nosa lingua, estando dispoñible este servizo por un prezo que parte dos 3 euros e que poden pagarse mediante mensaxes de texto no móbil e sen precisar de rexistro.

Esta última actualización de Opentrad tamén mellora substancialmente a súa calidade na tradución entre español-galego, español-catalán, español-portugués e español-portugués do Brasil, sendo este último par de tradución unha novidade, como a adaptación ao novo acordo ortográfico do portugués. En breve tamén estará dispoñible a tradución español-chinés.

Enlace permanente