Nota informativa da mesa de traballo sobre Lexnet
Na mesa de traballo exclusiva de Lexnet que se celebrou onte acadáronse os seguintes acordos:
1- A Dirección Xeral remitirá unha comunicación ó Secretario de Goberno para que a través dos Secretarios Coordinadores das catro provincias se participe ós Secretarios Xudiciais de Galicia, que asumirán o envío das notificacións a través do sistema informático Lexnet.
2- Con referencia ó trámite das notificacións a través do Lexnet, os funcionarios asumirán a recepción dos acuses de recibo das notificacións xeradas, pero tendo en conta a voluntariedade de ter ou non o certificado dixital persoal.
3- Dentro duns meses empezarán a expedirse os certificados dixitais corporativos, para ter finalizada a entrega dos mesmos o máis pronto posible.
4- A Consellería continuará impartindo a formación do programa Lexnet coa entrega de certificados dixitais persoais, pero a recollida dos mesmos será voluntaria.
Ao remate da mesa de Lexnet a Consellería informou que hai quince días que se iniciou o expediente para o pago do 4º punto ós funcionarios destinados nos Servizos Comúns de Notificacións, aínda que a día de hoxe non poden precisar a data para facelo efectivo que será a maior brevidade posible.