O Sindicato Nacional de CCOO transmítelle o seu apoio ao pobo portugués na conmemoración do 25 de Abril


25 abr 2011


25-04-2011.- Hoxe é 25 de Abril, data emblemática para o pobo portugués, xa que se conmemora a 'Revolução dos Cravos' que puxo fin á ditadura tal día coma hoxe de 1974. Daquela o inimigo era o rexime fascista de Salazar, hoxe a ameaza son as medidas que se poidan adoptar para encarar a saída á dura crise económica que padece o país.

Portugal atópase hoxe nunha situación difícil, e CCOO desexa que non se adopten decisións que comprometan o futuro da economía e do benestar das traballadoras e traballadores portugueses, e reclama que calquera medida se tome de acordo coas organizacións sindicais lusas.

Vínculos de interés relacionados