Fonte: http://blogs.crtvg.es/mu/diariocultural
A Real Academia Galega fixo público un comunicado “diante dos pronunciamentos e as comunicacións públicas que dun tempo a esta parte se están a producir arredor da lingua galega, moi especialmente sobre a súa presenza nas aulas de ensino non universitario”. A Academia fai un chamamento “na procura dun acordo social integrador a prol do uso, a dignidade e a continuidade do idioma”. Titúlase “Unha lingua para todos” e leuse nun acto que se desenvolveu na sede coruñesa da institución.
Aquí podes escoitar a crónica que elaborou Yolanda López.
Complétase a información cunha entrevista co presidente da RAG, Xosé Ramón Barreiro Fernández.