Rexistro Civil. Inforeg


12 may 2009


Mai12
Inforeg acada as 165 inscricións en xulgados de paz

 

 

 

logo_dxx_

Nova publicada na intranet xudicial

 

 

 

O pasado día 20 de marzo os Rexistros civís dependentes dos xulgados de paz de Ames e Teo realizaron o primeiro apuntamento no aplicativo INFOREG. Dende entón entraron en real no aplicativo os xulgados de paz de Nigrán (25 de marzo) Guitiriz e Bueu (26 de marzo), Arteixo (22 de abril) e Barbadás (28 de abril). Segundo informa o Ministerio de Justicia ata o día 6 de maio estes rexistros delegados realizaran un total de 165 inscricións.

Ademais, entraron xa en real Brión, Viana do Bolo e Cee. E recibiron a formación e están pendentes de realizar o primeiro apuntamento Sada, Begonte, Cospeito, Cabana de Bergantiños e Monterroso.