Novo ministro de Xustiza


24 feb 2009


Feb24
Francisco Caamaño promete o seu cargo ante o Rei

 

 

 

O novo ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, prometeu esta mañá o seu cargo ante os Reis no Pazo da Zarzuela, en presenza do presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero. Caamaño substitúe á fronte de Xustiza a Mariano Fernández Bermejo, que presentou onte a súa dimisión irrevogable. Coa man dereita sobre un exemplar da Constitución, o novo membro do Executivo prometeu o seu cargo. Despois, os Reis, o presidente do Goberno e a directora xeral felicitaron a Caamaño, con quen intercambiaron unhas primeiras palabras en ton distendido.