Rexistros Civís e prazas de reforzo


23 jun 2008


Xuñ23
CCOO de Xustiza solicita que se nomeen reforzos nos Rexistros Civís para os meses de verán


Como vimos denunciando dende hai tempo, os Rexistros Civís están a asumir un importante incremento do seu volume de traballo que non garda relación cuns cadros de persoal absolutamente insuficientes, sobre todo nos meses de verán. A importante incidencia da inmigración no Rexistro Civil (nacementos, solicitudes de nacionalidade, matrimonios civís) e recentes reformas lexislativas que trasladaron importantes -e moi complexas- competencias do Rexistro Civil Central aos Rexistros Civís Principais, a cargo dos xuíces de primeira instancia, poden levar a este servizo público a unha situación de colapso, como xa se está a producir noutras comunidades (Ver, por exemplo, as noticias aparecidas nos medios de comunicación sobre a situación dos Rexistros de Bilbao, Barcelona, Valencia ou Alicante ou, no caso de Galicia, Vilagarcía de Arousa).

Esta circunstancia, como xa apuntamos, agrávase nos meses de verán nos que o goce por parte dos funcionarios das vacacións de verán coincide cun aumento da carga de traballo nos Rexistros Civís ao aproveitar moitas persoas as vacacións para realizar diversos trámites rexistrais (solicitude de certificacións, tramitación de expedientes, etc).

Por todo iso, este sindicato considera absolutamente necesario para manter debidamente atendido o servizo que presta o Rexistro Civil e, ao mesmo tempo, garantir o dereito dos fun-cionarios a gozar das súas vacacións de verán principalmente nos meses de xullo e agosto, que, durante os meses de verán, se manteñan os reforzos de que xa gozan algúns Rexistros Civís e que, logo da valoración da carga de traballo, se dote dos mesmos reforzos a aqueles que na actualidade non os teñen.


Para descargar o escrito, preme aquí