Revista de prensa


23 jun 2008


Xuñ23
Selección de informacións relacionadas coa administración de Xustiza


[expansion.com] Zapatero recorta un 70% a oferta de emprego público para 2009.

Zapatero adiantou hoxe que a oferta de emprego público se reducirá, polo menos, un 30% en 2009 respecto a este ano, agás a dotación imprescindible para os servizos públicos esenciais, como a seguridade, a Xustiza e inspección de traballo.

[expansion.com] Búscanse solucións á brecha salarial entre os funcionarios.

O Executivo, as comunidades autónomas e a FEMP crearon unha comisión que analice as causas da desigualdade retributiva entre os seus empregados. As diferenzas poden chegar a superar ata o 70%.

[ELPAIS.ES] "Son cabeza de turco".

A funcionaria á que se lle achacan os erros xudiciais no 'caso Alovera' fala por primeira vez para defenderse.

[diariojuridico.com] Faltou o Fiscal e un presunto pederasta quedou en liberdade.

A incomparecencia dun fiscal ante o xulgado de garda fixo que un home acusado de abusar sexualmente de tres nenas de Mijas quedase en liberdade o pasado venres, informaron fontes oficiais.