Abr09
O Ministerio de Xustiza informou de que certas comunidades autónomas tiñan que facer corrección de erros ao concurso de traslados convocado por resolución do 15-03-2008, polo que a Dirección Xeral de Xustiza aproveitará para facer as seguintes modificacións:
1.- Incluir 3 vacantes do corpo de tramitación no Rexistro Civil Exclusivo de Vigo (por conseguir a aprobación da modificación da plantilla provisionalmente)
2.- Incluir 1 vacante do corpo de tramitación na Fiscalia de A Coruña (por falecemento dun funcionario)
3.- Incluir 1 vacante do corpo de auxilio en 1ª Instancia nº 5 de Vigo
4.- Suprimir 1 vacante no corpo de auxilio en 1ª Instancia e Instrución nº 4 de Cambados deixando soamente 1 vacante (estaban ofertadas 2)
A Dirección Xeral infórmanos de que: "Tan pronto como o Ministerio nos comunique o texto da corrección de erros, por se hai variación no prazo de presentación de instancias, e o día previsto para a súa publicación, enviaremos outro correo."