Xan22
Segundo se informa no blogue Un blog en red, o luns 21 de xaneiro enviouse ao Ministerio de Xustiza o primeiro libro do proxecto nacional de dixitalización, correspondente ao Rexistro Civil de Badaxoz. Trátase dun libro de Tutelas, que consta de 890 páxinas e un total de 400 inscricións dos anos 1950 e 1951.
Comeza así a fase de preproducción en Badaxoz, unha fase previa á produción masiva, na que se irán aumentando progresivamente os ritmos de produción diarios. En breve comezará esta fase en A Coruña e en Castellón.

Máis información na páxina "Rexistro Civil" deste blogue.