DOG: Convocatoria de actividades formativas de competencias dixitais ComDix


24 feb 2026



 


Con data 24/02/2026 publicouse no DOG a Resolución  do 13 de febreiro de 2026 pola que se convocan actividades formativas do Marco galego de competencias dixitais ComDix para o persoal ao servizo da Administración autonómica da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza de Galicia, das entidades locais galegas e o persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (en diante, PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).


O  prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 4 de marzo de 2026.


.- Para ver a Resolución completa, preme aquí