NOTA INFORMATIVA DOS SETE SINDICATOS DE XUSTIZA


5 mar 2025


 




RESULTADO DA REUNIÓN DA MESA SECTORIAL DE XUSTIZA DO 3 DE MARZO.


Ante a negativa da DXX de presentar unha oferta económica para mellorar as condicións laborais das/os traballadoras/os da xustiza galega, na Mesa sectorial que tivo lugar hoxe tódalas Organizacións Sindicais por unanimidade acordamos:

A negociación do CAT vai cronoloxicamente por diante da negociación das RPT.

Os motivos polos que se toma esta decisión son porque tódalas organizacións sindicais vímolo pedindo desde hai meses e, ademais, así se fixo no resto das Comunidades Autónomas.

Entendemos a urxencia da negociación da Nova Oficina Xudicial e polo tanto, INSTAMOS á Administración a que presente unha proposta retributiva concreta do Complemento Transitorio, futuro Complemento Específico, no PRAZO DE QUINCE DIAS.


Unha vez que se alcance o correspondente acordo retributivo, as OOSS non se negan en ningún momento á negociación da NUMO e as RPT.

Polo tanto, mentres non se alcance devandito acordo NON SE INICIARÁ NINGUNHA OUTRA NEGOCIACIÓN POR PARTE DOS SINDICATOS.

Presentamos escrito do acordado por todolos sindicatos ante:

Coselleria de xustiza 

Conselleria de facenda

Direccion xeral de xustiza