Hoxe publícase no DOG a Resolución do 8 de marzo de 2025 pola que se convocan actividades de
formación, dirixidas aos profesionais que atenden directa ou indirectamente as
vítimas de todas as formas de violencia de xénero, dos centros de información á
muller de Galicia (CIM), do Centro de Recuperación Integral para Mulleres que
Sofren Violencia de Xénero (CRI), do Centro de Emerxencia para Mulleres en
Situación de Violencia de Xénero (Cemvi), das casas de acollida, das oficinas de
atención á vítima e á cidadanía de Galicia, así como ao persoal da Administración
xeral da Comunidade Autónoma de Galicia que presta servizos na Dirección
Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero e na Dirección Xeral de Promoción
da Igualdade ou nas unidades administrativas de Igualdade dos departamentos
territoriais das delegacións da Xunta pola que se convocan actividades de formación sobre violencia de xénero dirixido entre otros as oficinas de atención á vítima e á cidadanía de Galicia.
O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 2 de abril de 2025.
As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
- Para ver a Resolución completa, preme aquí