Segunda convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega Celga 2, 3, e 4 no ano 2024


13 sept 2024






 Hoxe publícase no DOG a Resolución  do 3 de setembro de 2024, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se realiza a segunda convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2024 (código de procedemento PL500C).


As persoas maiores de dezaseis anos ou que os cumpran no ano natural da convocatoria, nacionais ou estranxeiras.


As probas dos distintos niveis Celga terán lugar na segunda quincena de novembro de 2024, sempre que ningunha circunstancia excepcional impídao. As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral da Lingua (http://www.lingua.gal).


As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cumprimentar o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C, que se publica como anexo I, e abonar a taxa correspondente. No formulario de solicitude deberán indicar a proba ou as probas ás que solicitan presentarse, así como a localidade, e dirixilo á Secretaría Xeral da Lingua.


O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pago da taxa correspondente aos dereitos de exame, será de quince días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Para ver a Resolución completa, preme aquí