Imposición por parte do DXX na Mesa Sectorial deXustiza


18 jul 2024


 



 IMPOSICIÓN POR PARTE DO DXX NA MESA SECTORIAL DE XUSTIZA

No día de hoxe os Sindicatos con representación na Mesa Sectorial fomos convocados para pechar de maneira definitiva, e sen previa negociación, dous asuntos vitais para o persoal titular e interino: 

a) Proposta de regulamento de vacacións, permisos e licenzas.

b) Bolsa que regula o chamamento de funcionarios interinos.


Ante esta situación, os sindicatos en unidade de acción decidimos non permitir máis desprezos aos traballadores e traballadoras e esixir unha negociación real. Por iso, antes da constitución da Mesa Sectorial de hoxe, solicitamos ao Director Xeral que transformara a Mesa Sectorial (decisoria), nunha mesa de traballo para negociar os permisos e licenzas e bolsa de persoal interino, xa que as posicións entre as dúas partes son moi distantes. 

Os sindicatos ofrecemos a reconversión da mesa de hoxe para que fora de mesa de traballo, ben no mesmo día ou noutro, ou ben un compromiso de que se levarían a cabo mesas de traballo e negociación en vindeiros días, manifestando o DXXustiza, que non se podía comprometer. 

A pesares do ofrecemento por parte dos Sindicatos a negociar nunha mesa de traballo, o Director Xeral decidiu negar tal posibilidade, deixando como única saída levantarnos sen constituír a Mesa Sectorial.

Esperamos que o Director Xeral convoque de novo aos/as Representantes sindicais para negociar de maneira real os puntos de vital importancia para tod@s @s traballador@s da Xustiza Galega e deixe a un lado as  imposicións.

A negociación colectiva é a base legal dos traballadores e traballadoras ,e polo tanto debe prevalecer en calquera ámbito laboral.