Convocatoria do Fondo de acción Social 2024


5 jun 2024









No DOG de hoxe publicase  a Resolución do 16 de Maio de 2024 da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade á convocatoria e aos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2024 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes: Quince (15) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

As persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente o formulario electrónico da solicitude a través da OPAX (Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza), no enderezo web opax.xunta.es


 Terán a condición de beneficiarios:

a) Os/as solicitantes con discapacidade física, psíquica ou sensorial igual ou superior ao 33 % que reúnan os requisitos establecidos nos puntos anteriores.

b) Os/as solicitantes que, reunindo os requisitos establecidos nos puntos anteriores, teñan baixo a súa dependencia directa e legal, e vivindo ás súas expensas, cónxuxe, parella de feito, fillos/as, ascendentes de primeiro grao por consanguinidade ou afinidade ou persoas tuteladas por sentenza xudicial firme con discapacidade física, psíquica ou sensorial igual ou superior ao 33 %.

No caso de que a persoa beneficiaria teña baixo a súa dependencia directa e legal, e vivindo ás súas expensas, máis dunha persoa que cumpra os requisitos anteriores, percibirá a axuda para cada unha


Para ver a resolución completa, preme aquí 




Un ano mais por aplicación da Lei 1/2012do 29 de febreiro, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público das Comunidades Autónoma de Galicia, a acción social queda reducida a axuda do programa de atención de persoas discapacitadas, axuda á que se destina, a cantidade de 21.911,00 euros, orzamento que desde CCOO consideramos, de xeito evidente, insuficiente.

Desde  CCOO negámonos a participar nunha acción social que supoña un recorte máis e onde as cantidades a distribuír son ridículas, esixindo:

- a volta a unha acción social que supoña o 1% da masa salarial, como noutras comunidades,

- que se recuperen as axudas por fillos e estudos

- e que se recoñezan novas axudas a outras enfermidades como Krom,
celíacos…