Nova oferta de prazas en comisión de servizo


3 abr 2024






Con data 03/04/ 24 publicouse na intranet de xustiza, a resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a provisión en comisión de servizo de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza


O prazo de presentación de solicitudes será de cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria na intranet de xustiza (http://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes (https://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/comisionsservizo).


Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza (OPAX), no sitio web http://opax.xunta.es de conformidade co artigo 6 da Resolución do 21 de marzo de 2022.



Para ver a resolución completa, preme aquí