-A inscrición previa realizarase de forma telemática no formulario de petición de recoñecemento, que está dispoñible no Portax (Portal do empregado público da Xunta de Galicia) ou do Opax (Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza).
- Toda inscrición xerará un xustificante do consentimento que se deberá presentar o día concertado para realizar a vixilancia da saúde.
-O prazo de inscrición rematará transcorridos 4 meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG, agás para o persoal de nova incorporación, o persoal que se incorpore ao traballo tras unha ausencia prolongada por motivos de saúde e o persoal que durante o prazo de solicitude estea gozando das vacacións. Nestes supostos deberá presentarse a debida xustificación ante o Servizo de Prevención de Riscos Laborais. As/os responsables dos distintos centros de traballo facilitarán os medios necesarios para a inscrición.
Para ver a Resolución completa, preme aquí