EGAP: publicado no DOG o Plan de formación para o ano 2024


10 ene 2024




Hoxe publícase no DOG a Resolución de 26 de decembro de 2023 pola que se publica o Plan de formación para o ano 2024.

O Plan de formación continua da EGAP recolle as actividades formativas dirixidas ao persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, ao persoal das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, ao persoal ao servizo da Administración de Xustiza de Galicia, ao persoal ao servizo das entidades locais de Galicia e ao persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo), tras unha incorporación gradual que culminou, no ano 2015, coa incorporación deste último colectivo como destinatario das actividades formativas da EGAP.

Para ver a Resolución completa, preme aqui