Relación de prazas ofertadas ás persoas aprobadas no corpo de auxilio xudicial na Comunidade Autónoma de Galicia , apertura do prazo de presentación de solicitudes e instrucións de presentación de instancias


16 oct 2023












Hoxe publícase  no DOG, a Resolución do 20 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se fai pública a relación de prazas que se lles ofrecen ás persoas aprobadas, correspondentes ao ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, nas probas selectivas para o ingreso no corpo de auxilio xudicial da Administración de xustiza, quenda libre, convocadas pola Orde JUS/1254/2022, do 7 de decembro


Primeiro. Facer pública, por orde alfabética de localidades, a relación de prazas desertas no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia (anexo I) que se lles ofrecen ás persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso polo sistema xeral de acceso libre no corpo de auxilio xudicial convocado pola Orde JUS/1254/2022, do 7 de decembro. 


Segundo. As solicitudes de destino deste ámbito presentaranse na Dirección Xeral de Xustiza, na rúa Madrid, 2-4, 15781 Santiago de Compostela, ou polos medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (Boletín Oficial del Estado do 2 de outubro), no prazo de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da relación definitiva de persoas aprobadas no Boletín Oficial del Estado, segundo o establecido na base 8.1.a) da convocatoria do proceso selectivo, mencionada anteriormente. 





Para ver a resolución completa, preme aquí