Como
presentar os méritos para o proceso de estabilización de Xestión, Tramitación e
Auxilio?
O 16 de outubro comezou o prazo de 20 días hábiles para
presentar os méritos aos procesos de estabilización por concurso, Orde
JUS/1288/2022, de 22 de decembro (BOE 27 de decembro).
Estes méritos dividíanse, segundo a convocatoria en catro
apartados, dos que tres de eles serán comprobados de oficio pola
administración:
Non hai que presentar méritos a través da aplicación
informática para os títulos e graos académicos, tales como licenciatura en
dereito, do apartado A, nin para o C, respecto as cualificacións de exercicios anteriores, ni para o D, relativa
aos servizos prestados na Administración.
En principio, todos estes méritos serán
comprobados de oficio polo Ministerio, se ben os servizos prestados en
diferentes Comunidades Autónomas, na convocatoria indicábase que deberan ser
achegados polo aspirante, agora parece que farase de oficio, polo que é algo
pendente de clarificar polo Ministerio e do que informaremos oportunamente.
Si
debemos presentar os méritos nese prazo de 20 días, que remata o 13 de
novembro, para o apartado B, cursos de formación xurídicos ou informáticos.
Na web do Ministerio hai un manual, no que se indica como
presentar os méritos. Podedes acceder a el, premendo
aquí.
Na aplicación para meter os cursos vainos pedir o DNI e o
número de xustificante:
O número de xustificante obtémolo no resguardo que nos
enviaron á hora de presentar a instancia, que deberiamos telo no correo
electrónico facilitado
Unha vez na aplicación o proceso é ben sinxelo,
simplemente temos que adxuntar en pdf os títulos que teñamos, indicando se son
de contido xurídico ou informático e a súa duración, seguindo o
manual. A propia páxina danos unha puntuación provisional que, no obstante,
debe ser revisada polo tribunal.