Convocados cursos de linguaxe xurídica galega para o persoal que preste servizos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia


15 may 2023





Hoxe publícase no DOG a Resolución  do 5 de maio de 2023 pola que se convocan cursos de linguaxe xurídica galega para o ano 2023, destinados ao persoal ao servizo da Administración de xustiza que preste servizos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.


Os cursos van dirixido a maxistrados/as, xuíces, fiscais, secretarios/as xudiciais, médicos/as forenses, funcionarios/as dos corpos de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial que na data desta resolución estean en situación de servizo activo (incluído permiso por parto ou maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou dun/dunha familiar) fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 26 de maio de 2023.


 Para ver a Resolución completa, preme aquí