En nome dos catro sindicatos convocantes a nivel nacional (CSIF, STAJ, CCO, UGT), chámase á folga indefinida na Administración de Xustiza en Galicia, a tódolos funcionarios que integran dos Corpos Xerais e Médicos Forenses nesta Comunidade Autónoma. Estas comunicacións remitense por Comunidades Autonomas, son os nosos pagadores, aínda que o conflicto e co Ministerio.
A folga convocada hoxe e moi distinta a que se fixo en Galicia no ano 2018:
É unha folga contra o Ministerio e a nivel nacional o que cambia as referencias, xa non somos solos os funcionarios de Galicia solo os que temos que loitar, e os que temos que sacar adiante o conflicto, somos máis de 45.000 traballadores.
Trátase dunha folga indefinida con paros parciais de 3 horas os días laborables, nesa fraxa horaria producense o 80% dos actos xudiciais (xuízos, vistas, comparecencias, declaración, etc) polo que a folga nesas horas vai ser moito mais efeciva, asegurándonos que os descontos van ser pequenos. Teñamos en conta que non descontan nada por fin de semana nin festivos, que o descontó das tres horas ao dia e sobre 7 horas e media non solo sobre 7, e que vai haber servizos mínimos que dependendo do órgano poden ser cada dous, tres ou catro dias, polo que eses días non se desconta, e sen embargo nadie pode abrigarte a facer máis que o que se recolla na normativa, que hai que negociar coa Xunta, de servizo míninos para esta folga.
Non nos deixemos confundir nin dividir, o concepto retributivo onde imos pedir que se suban as cantidades, que van ir en liña co logrado polos Letrados, é o complemento xeral do posto, que solo pode fixar e regular o Ministerio e é común para todos os Corpos e para todo territorio nacional, polo que a Xunta que é o noso pagador non ten mais remedio que pagar as cantidades que se fixan desde Madrid, lle guste ou non. Onte reunironse os catro sindicatos convocantes en Madrid e acordaron presentar unha proposta económica ao Ministerio, en liña co conseguido polos LAJ, esa proposta xa a dimos a coñecer.
Sabemos e asumimos, que é probable que a participación en Galicia non sexa das máis altas, pero non podemos deixar de convocar a folga e acompañar nas mobilizacións aos compañeir@s do resto do Estado, porque si algo se consigue tamén nos beneficiará a nós. Podería ser doado explicar que en Galica a participación non fose a mesma que noutro territorios, pero no se podería explicar, de ningún xeito, que non se convocase folga, ademais tería un efecto desmovilizador noutro territorios.
Pedimos a adhesión ás mobilizacións e a folga do resto de sindicatos, pero si por alguna razón algún sindicato no se suma, esperamos sexan leales con vós, que sodes a quen representan, e non poñan trabas nin se dediquen a sementar dúbidas e incertidume, nin teñan tentacións de sacar réditos nas próximas eleccións sindicais a costa de que o conflicto non avance ou fracase.
Somos conscientes do sacrificio personal e económico, que xerou todo o proceso da folga de 2018 en Galicia, pero non pode sela excusa, agora toca pelexar de novo, temos un novo desafío contra un novo desprezo ao que somos como colectivo e ao que representamos dentro na Administración de Xustiza.
A HUMILLACIÓN Á QUE QUEREN SOMETERNOS DE NOVO, NON PODE QUEDAR SIN RESPOSTA.