Fortuny : recuperación de procedementos expurgados


9 mar 2023


 Ver resumo








A partir do día 15/03/2023 activarase a funcionalidade de expurgo de procedementos antigos en Fortuny, o que vai supoñer unha mellora tanto na axilidade de resposta da aplicación coma na execución das tarefas de mantemento e o despregamento de novas versións de Fortuny.

O proceso de expurgo levarase a cabo de maneira progresiva para que non impacte no rendemento da aplicación e afectará a todos os procedementos antigos excepto os seguintes:


Procedementos incoados durante os últimos cinco anos, independentemente do seu estado actual.

Procedementos que permanezan en trámite na aplicación, con independencia da súa data de incoación.

Procedementos pechados pero que teñan algún trámite efectuado durante o últimos cinco anos.

Os procedementos expurgados son trasladados a unha base de datos histórica, de forma que poden ser recuperados directamente por parte do usuario administrador da oficina fiscal en caso de ser necesario.

Co obxectivo de establecer os pasos do proceso e as indicacións precisas para realizar a operación en Fortuny de recuperación de procedementos expurgados, publícase a guía que atopas a continuación:


As oficinas de fiscalía que non dispoñan aínda dun usuario administrador para Fortuny deberán comunicar ao CSU de Xustiza as persoas que van desempeñar esta función, debido a que para a recuperación dun procedemento expurgado será imprescindible acceder co devandito perfil de administrador.


IMPORTANTE: Os procedementos expurgados e recuperados dende a aplicación manteranse durante 3 meses sen ser expurgados. Se pasados esos 3 meses non se efectuou ningunha operación sobre eles, volverán a ser expurgados novamente. Se se efectuaron modificacións, volverían a contar 5 anos dende o último acontecemento realizado.