Hoxe publícase no DOG a Resolución do 23 de marzo de 2023 pola que se convocan as actividades formativas para o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia.
Poderán participar nas actividades formativas convocadas mediante esta resolución o persoal empregado público e as persoas integrantes das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa, auxilio xudicial e médicos forenses da Administración de xustiza en Galicia en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria
O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 31 de marzo de 2023.
As solicitudes de participación nas actividades formativas só se poderán realizar mediante
o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as
23.55 horas da data de finalización.
Para ver a Resolución conmpleta, preme aquí