Convocatoria de cursos de formación continua en materia de igualdade e violencia de xénero


28 mar 2023








Hoxe publícase no DOG a  Resolución  do 27 de marzo de 2023 pola que se convocan as actividades de formación continua en materia de igualdade e violencia de xénero para o persoal ao servizo das administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma, así para o persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das tres universidades galegas.

 As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 4 de abril de 2023.


Para ver a Resolución completa, preme aquí