Hoxe
publícase no DOG a Resolución do 17 de novembro de 2022, da Dirección
Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da
Xunta de Galicia do 17 de novembro de 2022, polo que se aproba o Acordo do 14 de novembro de 2022 entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais polo que se convoca o procedemento de acceso aos graos I e II do sistema transitorio extraordinario de recoñecemento da progresión na traxectoria profesional para o persoal ao servizo da Administración de xustiza.
Procedemento
1. O persoal solicitante deberá cubrir a súa solicitude a través do formulario electrónico
dispoñible na OPAX (Oficina virtual do persoal da Administración de xustiza), no enderezo
web http://opax.xunta.es
O acceso á OPAX poderá realizarse cunha das seguintes modalidades de identificación:
a) Se se dispón dun certificado dixital recoñecido (DNI electrónico, tarxeta de identificación de persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia ou outro), poderase
acceder con este e a súa correspondente clave.
b) De non disporen dun certificado dixital recoñecido, as persoas solicitantes accederán
á OPAX mediante o seu usuario e contrasinal. Para o caso de que o sistema non recoñeza
o usuario como válido ou de que este non lembre o seu contrasinal, farase uso da opción
habilitada na OPAX para estes efectos.
2. Unha vez realizada a identificación na OPAX, o/a solicitante deberá seleccionar a
opción correspondente á «Traxectoria profesional». O sistema informático informará a
persoa solicitante se cumpre ou non os requisitos de acceso segundo os datos que figuran
neste.
No
caso de que o sistema informe de que non se reúnen os requisitos de
acceso, a
persoa solicitante poderá acreditar que os cumpre, se é o caso, anexando
a oportuna documentación acreditativa á propia solicitude.
O prazo de presentación de solicitudes será:
– Grao I:
.Todos os corpos: 15 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste
acordo.
– Grao II:
. Corpos de tramitación e de auxilio: 15 días hábiles contados desde o día seguinte ao da
publicación deste acordo.
. Corpos de médicos forenses e de xestión: 15 días hábiles a partir do 2 de febreiro
de 2023.
.-Para ver a Resolución completa, preme aquí