Formación: Curso de reforzo da AXE 2022


19 oct 2022


 Ver resumo











"O vindeiro martes, 25 de outubro, abrirase unha nova convocatoria da actividade Curso de Reforzo da AXE 2022 (en liña) na Plataforma de Teleformación de Xustiza, destinada a todas aquelas persoas que non a puideron realizar na edición asignada ao seu órgano.

A actividade, que comeza o día 25/10/2022 en formato de automatrícula, terá unha duración de 17 días naturais. Para realizar o proceso de automatriculación será preciso introducir unha chave que se enviará mediante correo electrónico ao órgano o día anterior ao que comece a actividade (24/10/2022). Aquí tes dispoñible o proceso de matriculación paso a paso.

Podes acceder ao curso e automatricularte, o martes 25 de outubro, a través desta ligazón.