Nos próximos días, vaise desenvolver un plan de reforzo presencial do coñecemento e uso operativo do EXE nos órganos xudiciais enfocado á formación do expediente xudicial dixitalizado e á realización das comunicacións telemáticas para apoiar no cumprimento das Instruccións 1/2022, 2/2022 e 3/2022 da Secretaría de Goberno.
Os obxectivos destas sesións son os seguintes:
. Impulsar o Expediente Xudicial Electrónico.
. Difundir boas practicas no uso de documentos dixitais, no cumprimento dos pasos e nos hábitos funcionais de usos dos sistemas para conformar o Expediente Xudicial Electrónico, co obxectivo de garantir a fiabilidade e o correcto procesamento dos datos incluídos no EXE, facilitando o acceso e a explotación da información que contén.
. Aumentar e fixar o coñecemento sobre os procesos e uso operativo dos sistemas que dan soporte ao Expediente Xudicial Electrónico.
. Divulgar e ampliar o modelo de aprendizaxe e as ferramentas ao servizo dos usuarios desde o seu posto de traballo.
. Orientar ás persoas usuarias cara a procura da información de soporte nas canles existentes: Intranet e a plataforma de teleformación.
Datas planificadas para as sesións presenciais por cada provincia para a primeira quincena de setembro coas que atenderemos órganos de Instrucción, Penal, Menores e Mixtos.
Provincia | Municipio | Órgano | Data | Horario | Lugo | Lugo | Instrución 1 | 12/09/2022 | 9h-11:30h | Lugo | Lugo | Instrución 3 | 12/09/2022 | 11:45-14:15h | A Coruña | Ribeira | Mixto 1 | 12/09/2022 | 9h-11:30h | A Coruña | Ribeira | Mixto 2 | 12/09/2022 | 11:45-14:15h | Ourense | Ourense | Instrución 3 | 12/09/2022 | 9h-11:30h | Ourense | Ourense | Menores | 12/09/2022 | 11:45-14:15h | A Coruña | A Coruña | Instrucción 1 | 13/09/2022 | 9h-11:30h | A Coruña | A Coruña | Instrucción 2 | 13/09/2022 | 11:45h-14:15h | Ourense | Ourense | Instrucción 1 | 13/09/2022 | 9h-11:30h | Ourense | Ourense | Instrucción 2 | 13/09/2022 | 11:45-14:15h | A Coruña | Muros | Mixto 1 | 14/09/2022 | 9h-11:30h | Pontevedra | Pontevedra | Instrución 1 | 15/09/2022 | 9h-11:30h | Pontevedra | Pontevedra | Instrución 3 | 15/09/2022 | 11:45h-14:15h | A Coruña | Santiago | Instrución 2 | 15/09/2022 | 9h-11:30h | A Coruña | Santiago | Penal 1 | 15/09/2022 | 11:45-14:15h | A Coruña | A Coruña | Instrución 3 | 16/09/2022 | 9h-11:30h | A Coruña | A Coruña | Instrución 4 | 16/09/2022 | 11:45-14:15h | A Coruña | Santiago | Instrución 1 | 16/09/2022 | 9h-11:30h | A Coruña | Santiago | Instrucción 3 | 16/09/2022 | 11:45-14:15h |
|
Para ver o contido do plan de reforzo, preme
aqui