Nova convocatoria de prazas en comisión de servizos


18 may 2022









Hoxe publícase na intranet de xustiza a Resolución do 18 de maio de 2022 da Dirección Xeral de Xustiza pola que se convoca a provisión en comisión de servizo de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza..

O prazo de presentación de solicitudes será de cinco (5) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación na intranet e páxina web da consellería, ou o establecido na propia convocatoria.

Todos os aspirantes deberán cubrir obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza (OPAX), na páxina web http://opax.xunta.es

Para acceder ao módulo de solicitude, os aspirantes deberán identificarse, para o que están habilitadas dúas formas de identificación:

a) Mediante a utilización dun certificado dixital recoñecido (DNI electrónico, tarxeta de identificación persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia ou outro que a Comunidade Autónoma de Galicia considere válido).

b) Se non dispoñen dun certificado dixital recoñecido, os solicitantes accederán ao OPAX mediante un nome de usuario e o contrasinal correspondente.

En ambos os casos, o solicitante deberá ter un usuario rexistrado na OPAX. No caso de non ter usuario, utilizarase a opción habilitada no OPAX para rexistrar novos usuarios. No caso de que o sistema non recoñeza ao usuario como válido ou que non recorde o seu contrasinal, empregarase a opción habilitada para tal fin.

 Unha vez realizada a identificación segundo o punto 3 anterior, o solicitante deberá seleccionar na OPAX a opción correspondente á solicitude de comisión de servizos e cubrir todos os campos obrigatorios.

 Os datos que, se é o caso, figuren no sistema informático de xestión de persoal da Administración de xustiza en Galicia figurarán precargados.

 O solicitante, unha vez comprobado que todos os datos son correctos, deberá validar, asinar e presentar a solicitude por vía electrónica e achegar, se é o caso, a documentación xustificativa dos requisitos e méritos alegados, de conformidade co disposto no artigo 9o.

Non se admitirán solicitudes en estado de borrador ou que non estean validadas, asinadas e presentadas a través da aplicación informática.

 Unha vez presentada a solicitude, se o solicitante non está satisfeito cos datos presentados, poderá presentar unha nova solicitude no prazo de presentación establecido na convocatoria; neste caso, só será válida a última das solicitudes presentadas e quedará anulada calquera outra presentada con anterioridade.


Para ver a Resolución completa, preme aquí