No Diario Oficial de Galicia publícanse actividades formativas para o persoal ao servizo da Administración de Xustiza
Para quen?
Persoal titular e persoal interino que integre as bolsas,de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa, auxilio xudicial e médicos forenses da Administración de xustiza en Galicia en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral)
En que prazo se poden solicitar?
Dez días, a contar dende o 2 de marzo
Como matricularse?
As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
Cantos cursos se poden solicitar?
Un máximo de cinco
E que cursos se ofertan?
Podes consultalos todos nesta ligazón: preme aquí