Comisión de servizos


30 mar 2022


 




Froito da presión sindical de CCOO, e unha vez publicada a orde que regula por fin as Comisións de servizos na nosa administración, a Dirección Xeral vén de ofertar un amplo número de prazas en comisión de servizos.


A data límite da súa presentación é ata o 6 de abril, debe facerse de xeito telemático. 


Non existen restriccións en canto a antigüidade nin destino, isto é, compañeiros e compañeiras que están destinados fóra da comunidade teñen por fin un sistema reglado que lles vai permitir volver a casa, co único límite para os que estean xa en comisión ou substitución de que leven nelas máis de seis meses.


Os baremos serán a antigüidade e o idioma galego.


A resolución coa relación completa de prazas podedes descargala premendo aquí