Hoxe publícase no DOG a Resolución do 7 de febreiro de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se modifica a Resolución do 7 de maio de 2008 pola que se regulan as substitucións entre funcionarios ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.
Con esta modificación o artigo cuarto queda redactado como segue:
«Cuarto. Requisitos dos solicitantes
1. Poderán solicitar as substitucións, con exención de funcións nos seus postos, os funcionarios de carreira dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza con destino en órganos radicados na Comunidade Autónoma de Galicia que estean en situación de activo, prestando efectivamente servizos en xulgados, tribunais, fiscalías ou outros órganos da Administración de xustiza, e leven un mínimo de seis meses continuados no postode traballo desde o cal participan na convocatoria, ben sexa con carácter definitivo, ben provisional.
2. No caso das substitucións verticais, para ser nomeado substituto no corpo inmediatamente superior será preciso estar en situación de servizo activo nun posto de traballo dalgún dos centros de destino a que se refire o anterior parágrafo e estar en posesión da titulación académica exixida para acceder ao posto superior que é obxecto de substitución.
3. No caso de persoas que cesen nunha substitución por incorporación do/da titular ou remate da causa que a motivou, non será exixible que leven un mínimo de seis meses continuados no posto de traballo desde o cal participan na convocatoria».
Para ver a Resolución completa, preme aquí