Modificación da Resolución que regula as substitucións en Galicia


15 feb 2022


 

 







A  Dirección Xeral de Xustiza acaba de comunicar a CCOO  que mañá está prevista a publicación no Diario Oficial de Galicia da Resolución do 7 de febreiro de 2022, da dirección Xeral de Xustiza, pola que se modifica a Resolución do 7 de maio de 2008 pola que se regulan as substitución entre funcionarios ao Servizo da Administración de Xustiza en Galicia, na cal se elimina o requisito de permanecer 6 meses continuados no posto de traballo no caso de persoas que cesen nunha substitución por incorporación do/da titular ou remate da causa que a motivou.