No día de hoxe publícase no DOG Resolución do 4 de febreiro de 2022 pola que se convocan cursos de linguaxe xurídica galega para persoal ao servizo da Administración de xustiza que preste servizos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022
As modalidades serán curso de teleformación de linguaxe xurídica medio e superior, con 25 prazas cada un deles e data de exame en novembro do 22.
O prazo de inscripción é dende o 8 de febreiro ata o 17 de febreiro
Así mesmo publícase no mesmo DOG de hoxe 7 de febreiro Resolución do 4 de febreiro de 2022 pola que se convocan os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega para persoal ao servizo das distintas administracións da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022.
Ofértanse cursos de linguaxe xurídica medio e superior para persoal que presta servizos na Comunidade, con 50 prazas para o medio e 25 o superior, con data de exame en novembro.
O prazo de inscripción vai do 8 de febreiro ao 17 de febreiro de 2022
Unicamente poderá facerse efectiva a matrícula a través da páxina da EGAP, https://egap.xunta.gal/