Mesa de negociación coa Dirección Xeral de Xustiza Interinos, Carreira profesional - 29/12/2022


29 dic 2021


 



No día de hoxe tivo lugar mesa sectorial para a composición das bolsas de interinos, con previsión de convocatoria o 31 de xaneiro


A proposta é o incremento de dous tercios en cada bolsa de titulares e un tercio na de reserva, sendo por exemplo os intergrantes da bolsa de titulares de 100 persoas, pasaría a ter 166, e a de reserva se contase con 200, pasaría a ter 266. Todas as organizacións sindicais concordamos en que esta proposta é exorbitada, e non están detallados os criterios para tal proposta. A Dirección Xeral alegou que era un cálculo puramente aritmético, baseado nos chamamentos dos últimos anos, pero coincide en que xente con maior experiencia, formación, antigüidade e exames aprobados, poderia ver prexudicadas as súas expectativas de continuidade no emprego cunha bolsa tan excesivamente ampla.


Houbo por tanto o consenso de remitir nova proposta pola Dirección Xeral de Xustiza na semana do 10 de xaneiro,da que informaremos puntualmente, máis axustada e con lixeiros incrementos respecto da bolsa vixente, non tan exponenciais.


Dende CCOO instamos á maior celeridade posible, en aras a unha maior seguridade xurídica, dado que:


- Os chamamentos a través do SPEG non garanten a mesma seguridade xurídica que unha orde publicada e aprobada no DOG, e tampouco a celeridade necesaria para garantir un servizo público de calidade.


- Os trámites que restan son: remisión á AMTEGA e Dirección Xeral de Avaliación da convocatoria previa a súa publicación, publicación efectiva con apertura de presentación de instancias, baremación, resolución provisional con plazo de alegacións e resolución definitiva, polo tanto, non caben máis dilacións, xa que a previsión de presentación de instancias é elevada.


- As expectativas xeradas entre por desgraza tanto persoal desempregado a día de hoxe requiren de acordos administración e organizacións sindicais áxiles, prácticos e que non redunden en diferenzas que veñen de feridas non pechadas, polo que CCOO está disposta a sumarse a calquera acordo que sume unha maioría sindical.


- A proposta de CCOO feita na mesa foi: aumentar un tercio as bolsas principais e en dous tercios as de reserva, se ben abertos a novas propostas para como sempre defendimos se acurten os prazos o máximo posible.


Noutra orde de cousas, reafirmouse que a apertura do segundo grado na carreira profesional, como defendeu CCOO, non se ve afectada polas diferentes sentenzas e non hai excusa para o aboamento do mesmo nos primeiros meses de 2022, con efectos retroactivos.


Tamén se incidiu na necesidade de retomar negociacións pechadas e retomar a interlocución en temas como a orde de substitucións, comisións de servizos e temas pendentes aparcados por inacción da administración.