Publicados novos avisos de desocupación de postos para a súa cobertura mediante substitución entre titulares


8 oct 2021


 












 
Saíu publicada, con data do 08/10/2021, a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se convocan postos para a súa provisión temporal mediante o sistema de substitución.

  Mentres non se habilite a opción de solicitude a través da OPAX, as peticións deberán ser cubertas conforme ao anexo II bis (solicitude de substitución entre titulares), dispoñible na intranetde xustiza.

 As solicitudes deberán ser presentadas por correo electrónico, ao enderezo servicio.persoal.xustiza@xunta.gal, ou ao fax 981 546 222. Non se admitirán as solicitudes que se reciban por outro medio. A proba de entrega será o acuse de recibo do fax ou correo electrónico  enviado.

 Non deberá achegarse documentación coa petición, xa que de ser precisa será requirida pola Dirección Xeral.

 O prazo de presentación de solicitudes será de TRES DÍAS hábiles dende a publicación da presente resolución (11, 13 e 14 de outubro de 2021)


Para ver a Resolución, preme aquí