Saíu publicada, con data do 22/09/2021 na intranet de xustiza , a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se convocan postos para a súa provisión temporal mediante o sistema de substitución.
As peticións deberán ser cubertas conforme ao anexo II bis (solicitude de substitución entre titulares), dispoñible na intranet de xustiza.
As solicitudes deberán ser presentadas por correo electrónico, ao enderezo servicio.persoal.xustiza@xunta.gal, ou ao fax 981 546 222. Non se admitirán as solicitudes que se reciban por outro medio. A proba de entrega será o acuse de recibo do fax ou correo electrónico enviado.
Non deberá achegarse documentación coa petición, xa que de ser precisa será requirida pola Dirección Xeral.
O prazo de presentación de solicitudes será de TRES DÍAS hábiles dende a publicación da presente resolución (23, 24 e 27 de setembro de 2021).
Para ver a Resolución completa, preme aquí