Publicados novos avisos de desocupación de postos para a súa cobertura mediante substitución entre titulares


23 jun 2021



Saíu publicada na intranet de xustiza , con data do 22/06/2021, a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza pola que se convocan postos para a súa provisión temporal mediante o sistema de substitución.

Producida a desocupación de diversos postos susceptibles de cobertura mediante substitución entre titulares, e non existindo candidatos/as nas respectivas unidades, ou non sendo posible a súa cobertura por persoal destas, procede anunciar a convocatoria para a súa provisión temporal, de acordo co previsto nos artigos quinto e sexto da Resolución do 7 de maio de 2008,pola que se regulan as substitucións entre funcionarios ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.

As solicitudes deberán ser presentadas por correo electrónico, ao enderezo servicio.persoal.xustiza@xunta.gal, ou ao fax 981 546 222. Non se admitirán as solicitudes que se reciban por outro medio. A proba de entrega será o acuse de recibo do fax ou correo electrónico enviado.Non deberá achegarse documentación coa petición, xa que de ser precisa será requirida pola Dirección Xeral.


 O prazo de presentación de solicitudes será de TRES DÍAS hábiles dende a publicación da
presente resolución (23, 24 e 25 de xuño de 2021). 

Para ver a resolución completa, preme aqui