Publicada no DOG a convocatoria de concurso específico do posto de responsable de estatística na Fiscalía Provincial da Coruña


17 jun 2021


 

 

 Hoxe publícase no DOG a Resolución  do 10 de xuño de 2021, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de concurso específico, dun posto de traballo vacante na Fiscalía Provincial da Coruña. 

Poderán participar os funcionarios de carreira pertencentes ao corpo ou corpos de adscrición da praza solicitada, calquera que sexa o ámbito territorial en que estean destinados, que reúnan as condicións xerais exixidas e os requisitos determinados nesta convocatoria na data en que remate o prazo de presentación das solicitudes de participación e os manteñan ata a resolución definitiva do concurso.

As solicitudes irán dirixidas á Dirección Xeral de Xustiza, da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, rúa Madrid, 2-4, 2º andar, polígono das Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela, e deberán presentarse no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou nas oficinas a que se refire o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

  O prazo de presentación será de 10 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado.

 

 

 

Para ver a Resolución completa, preme aquí