Publicado hoxe no BOE a corrección dun erro na convocatoria para a provisión dun posto vacante na Fisclía Provincial da Coruña


18 jun 2021


 


Advertido erro na publicación da Resolución do 10 de xuño de 2021, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de concurso específico, dun posto de traballo vacante na Fiscalía Provincial da Coruña, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 114, de 17 de xuño de 2021.

 

Na páxina 30398, na base terceira punto 2 do anexo I, onde di:

«O prazo de presentación será de 10 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado».

Debe dicir:

«O prazo de presentación será de 10 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado».