EGAP: Convocatoria extraordinaria de cursos de formación continua


11 may 2021


 

 https://1.bp.blogspot.com/-FpL9JqpOzJ4/YJoehXz5DPI/AAAAAAAAHLE/KLrxl-rdNFcDuGW4ZjqanHtjIyfDHUnegCLcBGAsYHQ/s237/egap.jpg

 

 

Hoxe  publícase no Dog a Resolución do 10 de maio de 2021 pola que se convocan, con carácter extraordinario, actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional.

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 20 de maio de 2021. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula>

O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a cinco.

Para ver a Resolución completa, preme aqui