Hoxe publicase no DOG a Resolución do 15 de marzo de 2021 pola que se convocan as actividades formativas para o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia.
Poderán participar nas actividades formativas convocadas nesta resolución:
Os/as empregados/as públicos/as e persoas integrantes das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa, auxilio xudicial e médicos forenses da Administración de xustiza en Galicia en situación de servizo activo (incluído permiso por maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun/ha fillo/a ou dun/ha familiar) e que reúnan os requisitos establecidos nesta convocatoria.
O prazo de presentación de solicitudes será de dez días a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
O número máximo de cursos que se pode solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a cinco.
Para ver a Resolución completa , preme aquí