Habilitouse para todos os órganos xudiciais de Galicia a posibilidade de enviar e descargar electronicamente as confirmacións de recepción (probas de entrega electrónica) a través do servizo de correos, suprimíndose así as cartolinas de cor rosa.
O envío de comunicacións con confirmación da recepción a través de correos.es permite a descarga do xustificante de entrega por medios electrónicos e facilita a súa incorporación ao procedemento xudicial ao que corresponda sen necesidade de escanear ningunha documentación, a través dunha simple operación informática.
Na seguinte ligazón podes acceder á Guía explicativa da xestión destas probas de entrega electrónica. Acceder á guía
Tamén a podes atopar no apartado de Documentación da Comunidade Virtual de Aprendizaxe