Publicada na intranet de xustiza a Resolución do 4 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a provisión en comisión de servizo, de forma temporal e por petición da persoa interesada, de postos de traballo nos órganos de nova creación entre funcionarios dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza.
O prazo de presentación de solicitudes será do 08/02/2021 ata o 12/02/2021.
Poderán solicitar as comisións de servizos, con exención de funcións nos seus postos actuais, o persoal funcionario de carreira dos corpos ao servizo da Administración de xustiza que se atope en situación de servizo activo no mesmo corpo dos postos que se convocan e que no prazo de presentación de solicitudes leve prestando como mínimo seis (6) meses de servizos no posto desde o que participa, xa sexa provisional ou definitivo.
Os órganos de nova creación en Galicia no que se ofertan as ditas prazas son :
1.Xulgado do social, núm. 7 A Coruña ( 2 prazas xestión, 4 prazas tramitación e 2 prazas auxilio)
2 .Xulgado do social núm. 4 Lugo (2 prazas xestión , 4 prazas tramitación e 2 prazas auxilio)
3. Xulgado do social núm.7 Vigo (2 prazas xestión, 4 prazas tramitación e 2 prazas auxilio)
Para ver a Resolución completa, preme aquí