Campaña de vixilancia periódica da saúde para o ano 2021


3 feb 2021


 

 

 

 

 



Saíu publicada no DOG a Resolución do 28 de xaneiro de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, pola que se dá publicidade á campaña da vixilancia periódica da saúde para o ano 2021 no ámbito da Administración xeral da Xunta de Galicia.

 A inscrición previa realizarase de forma telemática no formulario de petición de recoñecemento dispoñible na Opax.

 O prazo de inscrición rematará transcorridos 3 meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG, agás persoal de nova incorporación, o persoal que se incorpore ao traballo tras unha ausencia prolongada por motivos de saúde e o persoal que durante o prazo de solicitude estea gozando das vacacións. Nestes supostos deberá presentarse a debida xustificación ante o Servizo de Prevención de Riscos Laborais.

 Podes ver máis información na seguinte ligazón.