Publicada na intranet de xustiza a seguinte nota informativa:
"O Decreto 228/2020, do 23 de decembro, regulou as condicións da prórroga dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia do ano 2020, posto que, malia que o Consello da Xunta de Galicia aprobou o proxecto de orzamentos para 2021, está pendente a súa aprobación polo Parlamento de Galicia antes de que remate o mes de xaneiro. En consecuencia, o incremento do 0,9 por cento das retribucións e o incremento da porcentaxe de percepción do complemento adicional da traxectoria profesional previstos para este ano faranse efectivos unha vez se aproben os orzamentos de 2021 e terán efectos retroactivos do 1 de xaneiro".